PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cedeira licita a humanización da rúa Silva 26

PorBisbarra

Venres, 20 Setembro 2024 ,
O proxecto contempla a humanización da zona da rúa Silva 26, actualmente degradada.O proxecto contempla a humanización da zona da rúa Silva 26, actualmente degradada.

O Concello de Cedeira acaba de publicar o expediente de licitación das obras de humanización do espazo situado nunha bifurcación da zona coñecida como a das “Casas Baratas”. O obxectivo do proxecto, titulado “Creación de espazos verdes na rúa Silva 26”, é convertelo nun lugar de convivencia e encontro para a veciñanza, con mobiliario urbano e vexetación.

Esta actuación ten un orzamento de 67.555,12 euros. Máis en concreto, o Concello de Cedeira aportará 32.003 euros, mentres que a Deputación da Coruña, a través do POS+2024, cubrirá os 35.551 euros restantes.

O lugar de execución abarca 73 metros cadrados na bifurcación da rúa Silva, á altura do número 26, que actualmente están degradados e desaproveitados. As obras abrangue a plantación de árbores e a instalación dunha zona de bancos cunha estrutura cuberta parcialmente, facendo máis confortable o espazo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Recreación do resultado das obras de humanización da zona das "Casas Baratas" en Cedeira.
Recreación do resultado das obras de humanización.

Así mesmo, o proxecto contempla tamén un aparcamento de bicicletas e a renovación das beirarrúas, que agora son apenas un bordo, dándolles un ancho suficiente para garantir a accesibilidade.

Tendo en conta que a nova zona verde da rúa Silva está situada contra a fachada cega dun edificio, o Concello de Cedeira proporá que se aproveite para crear unha nova obra de street art, sempre que conte co consenso dos habitantes do inmoble.

As empresas interesadas en concorrer ao proceso de licitación teñen ata o día 3 de outubro para presentar as súas ofertas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.