PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cedeira licita as obras da rúa Ortigueira e tres perpendiculares

PorBisbarra

Martes, 12 Novembro 2024 ,
Imaxe da rua Ortigueira, unha das vías obxectivo da actuación.Imaxe da rua Ortigueira, unha das vías obxectivo da actuación.

O Concello de Cedeira acaba de licitar o proxecto de renovación dos pavimentos das rúas Ortigueira e Ríos Condomiñas, Lamas e Tixón. A actuación conta cun orzamento de 130.000 euros, financiados con cargo á segunda fase do POS adicional de 2023.

Segundo o Goberno municipal, a obra servirá para eliminar barreiras arquitectónicas e mellorar a accesibilidade no casco urbano. A maiores, a intervención axudará a seguir avanzando cara un sistema de saneamento máis eficiente.

As obras afectarán á rúa Ortigueira, que discorre paralela ao río Condomiñas, no tramo que vai desde Tixón ata a ponte. Así mesmo, executaranse nas tres perpendiculares. Trátase de vías con beirarrúas que presentan baldosas e bordos deteriorados. A actuación eliminará os diferentes niveis de rasante e permitirá ampliar o ancho das zonas peonís.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O proxecto contempla a instalación dunha nova rede de recollida de augas pluviais, conectando as baixantes das casas. Así pois, esta obra ampliará a rede separativa de saneamento no municipio. Segundo a administración local, levan anos esforzándose neste ámbito e para eliminar as verteduras ao mar.

A actuación igualará o deseño e materiais coas restantes rúas do casco urbano que se foron renovando nos últimos anos. Unha vez publicado na plataforma de contratación, as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 2 de decembro. O prazo de execución é de catro meses.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.