PUBLICIDADE

Cedeira limita o acceso á praia da Madalena para achegar area

PorBisbarra

Venres, 18 Xullo 2025 , ,
Cedeira realizará as achegas de area por metades para permitir o acceso e desfrute da praia.Cedeira realizará as achegas de area por metades para permitir o acceso e desfrute da praia.

O Concello de Cedeira pecharase o acceso a unha parte da praia da Madalena a partir do vindeiro luns, 21 de xullo. Seguindo as instrucións da empresa contratada pola Demarcación de Costas, tamén se prohibirá o fondeo de embarcacións. A limitación débese ao desenvolvemento dos traballos de achega de area para estabilizar o cordón de dunas e a propia praia.

No caso do fondeo, a medida prolongaranse ata o 14 de agosto. No tocante ao acceso á parte da praia, será ata o 4 de agosto, segundo as previsións do Concello de Cedeira. A partir do 5 de agosto os traballos pasarán á outra parte da praia, que sufrirá as mesmas limitacións ata que finalicen as obras.

Así, nesta primeira fase prohibirase o acceso pola rúa López Cortón e o uso da praia ata a metade da duna na parte máis próxima a esta vía. Permitirase unicamente entrar polo Regato da Veiga. Desde o 5 de agosto será este último punto o que se peche, xunto coa metade da praia que se mantivo aberta ata entón. A prohibición de fondeo manterase ata o 14 de agosto nun círculo de 0,20 millas con centro nas coordenadas 43º39.212’N 008º 3.935’ W.

PUBLICIDADE
Cedeira informa de que se prohibirá o fondeo na zona marcada dende o 21 de xullo ata o 14 de agosto.
Cedeira informa de que se prohibirá o fondeo na zona marcada dende o 21 de xullo ata o 14 de agosto.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.