PUBLICIDADE

Cobre San Rafael intensifica a súa búsqueda de talento no mes de outubro

PorBisbarra

Venres, 18 Outubro 2024 , ,

Cobre San Rafael continúa consolidando a súa estratexia de captación de talento co obxectivo de reactivar a actividade industrial na mina de Touro – O Pino. Desde o inicio da súa campaña de recrutamento o pasado setembro, a compañía non deixou de achegarse ás comunidades locais, apostando pola presenza nas feiras dos municipios próximos para impulsar novas oportunidades laborais e fortalecer o tecido económico da rexión.

Durante o mes de outubro, a furgoneta informativa de Cobre San Rafael continuará percorrendo as principais feiras da zona para recoller currículos e ofrecer información directa aos interesados. Esta fin de semana, o equipo de recursos humanos estará presente mañá sábado, 19 de outubro, na feira de Sigüeiro; e o domingo, día 20, na feira de Lestedo. Ademais, proximamente estacionará en Arzúa, o día 22; en A Estrada, o día 23; en Vedra, o día 27; e para finalizar o mes, en Ordes, estará o día 30.

Cada parada supón unha oportunidade para que os veciños coñezan de primeira man as vacantes dispoñibles, tanto para persoas cualificadas como non cualificadas, con oportunidades laborais en áreas como operacións mineiras, planta de tratamento de auga e mineral, laboratorios, xestión ambiental, seguridade e saúde, e administración. O equipo de recursos humanos estará dispoñible para ofrecer información sobre a iniciativa e recoller currículos de veciños interesados en sumarse ao proxecto.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.