O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron esta mañá nos Xulgados da cidade á toma de posesión do fiscal xefe do partido xudicial de Ferrol, Daniel Jove Martínez.
Daniel Jove chegou á Fiscalía de Ferrol en 2010, onde se especializou en asuntos de Medio Ambiente e Urbanismo e Seguridade Viaria. Agora substitúe no cargo a Miguel Armenteros, quen desde hai un meses ocupa o posto de fiscal xefe da Fiscalía da Coruña.
O rexedor ferrolán felicitou ao novo fiscal xefe da área de Ferrol e ofreceu a predisposición da administración local a colaborar co órgano que representa.