PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol e Provivienda renovan o convenio para manter dúas vivendas de inclusión social

PorBisbarra

Venres, 13 Setembro 2024 , ,
O Concello de Ferrol e a Asociación Provivienda renovaron o convenio para financiar o mantemento de dúas vivendas de inclusión social.O Concello de Ferrol e a Asociación Provivienda renovaron o convenio para financiar o mantemento de dúas vivendas de inclusión social.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, renovou o convenio de colaboración coa Asociación Provivienda por importe de 55.000 euros para este 2024. Esta achega está destinada a financiar o mantemento de dúas vivendas de inclusión social para persoas sen fogar.

“O obxectivo deste acordo é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que máis o precisan”, asegurou o rexedor ferrolán. Ademais, a través destas vivendas ofrécese tamén apoio profesionalizado e personalizado.

Outro dos obxectivos é mellorar a súa autonomía persoal e social a través da adquisición de habilidades para o manexo e mantemento dun aloxamento autónomo. Así mesmo, preténdese promover as habilidades de convivencia e fomentar o contacto social.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Do mesmo xeito que o ano pasado, serán beneficiarias ata oito persoas sen fogar, que poderán acceder a un aloxamento estable. Máis en concreto, será a través do modelo de vivenda compartida, cunha duración inicial estimada de 24 meses. Na composición do grupo de convivencia terá prioridade do acceso ás mulleres.

Durante o período de duración do convenio, será posible valorar calquera axuste que permita a implantación das melloras que os usuarios requiran.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.