Luis Calvo Romero, pai do conselleiro e líder do PP provincial da Coruña Diego Calvo, faleceu este domingo aos 89 anos de idade, segundo confirmou a familia. Os restos mortais do falecido son velados na sá número 7 do Tanatorio San Lorenzo de Ferrol ata o mediodía do luns.
Ás 15.30 horas, está previsto que saia a comitiva fúnebre ao próximo municipio de San Sadurniño, localidade de orixe da familia. Alí celebrarase o enterro e funeral no cemiterio e igrexa de Santa María de San Sadurniño.
Fundou e rexentou durante décadas en San Sadurniño: LC Almacéns, unha ferraxería con material de construción onde era posible atopar case de todo. A empresa pechou fai xa máis dunha década. Luis Calvo dedicou toda a súa vida para atender ao negocio, ata a súa xubilación.
Casado con Lucía Pouso, tivo tres fillos: José Luis, Gloria e Diego. O maior deles, José Luis, faleceu de forma repentina no verán de 2023 na praia da Frouxeira, por mor dun infarto, o que foi un golpe duro para o actual Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte da Xunta e líder provincial do PPdeG.




