PUBLICIDADE

A delegada territorial da Xunta e a Sociedade Filarmónica de Ferrol estudan posibles vías de colaboración

A delegada territorial Martina Aneiros, centro, cos representantes da Sociedade Filarmónica Ferrolana, durante a reunión para estudar posibles vías de colaboraciónA delegada territorial Martina Aneiros, centro, cos representantes da Sociedade Filarmónica Ferrolana, durante a reunión para estudar posibles vías de colaboración

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa presidenta da Sociedade Filarmónica Ferrolana, Araceli Torres, o secretario da entidade, Pascual Sesma e o tesoureiro, Fernando Coll, coa finalidade de estudar posibles vías de colaboración.

Martina Aneiros aproveitou a ocasión para loar o traballo levado a cabo pola Filarmónica Ferrolana ao longo das máis de sete décadas de historia e destacou a súa contribución á promoción do gusto pola música de cámara, sinfónica e coral entre os cidadáns das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona coa finalidade de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.