PUBLICIDADE

Toño Villar, fotógrafo amesán, foi nomeado aos XXII Premios Goya de Fotografía

Toño Villar, fotógrafo amesá, que vén de ser nomeado, en dúas categorías, aos XXII Premios Goya de Fotografía (Foto: tonovillar.es)Toño Villar, fotógrafo amesá, que vén de ser nomeado, en dúas categorías, aos XXII Premios Goya de Fotografía (Foto: tonovillar.es)

Toño Villar, fotógrafo amesán que conta co seu estudo en Bertamiráns, foi nomeado en dúas categorías para os Premios Goya de Fotografía: no apartado de postvoda e no apartado de gráfico. A gala desta vixésimo segunda edición dos galardóns terá lugar o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza, na que se darán a coñecer os nomes de todos os premiados.

O fotógrafo amesán explica que “a falta de esperar ata o vindeiro día 7 de febreiro, día que se fallarán os premios, ter dous nomeamentos en dúas categorías distintas, é un tremendo motivo de orgullo para min, dado que é a primeira vez que me presento a ditos premios, posiblemente os máis importantes a nivel nacional”.

Toño Villar unha medalla de bronce e unha mención de honra en Tokyo

Estes nomeamentos do fotógrafo, que xa son un premio, súmanse outros tres que logrou aos Premios Nacionais Quijote, dous nomeamentos nos Premios FEPFI, así como unha medalla de bronce e unha mención de honra nos Tokyo International Foto Awards.

PUBLICIDADE

Cómpre destacar que nos Tokyo International Foto Awards (TIFA), fallados o pasado novembro, concedéronlle unha medalla de bronce, na categoría de natureza, pola foto Árbol solitario; e unha mención de honra, na categoría de paisaxe, pola instantánea Niebla en Consuegra.

Por outra banda, hai que lembrar que Toño Villar, en colaboración co departamento de Cultura do Concello de Ames, expuxo en outubro de 2024, no vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns, a mostra O artesán, as mans sabias, composta por 21 instantáneas que recollen o traballo de Xosé Tunhas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte.

A través das diversas imaxes que integran a exposición, Villar documenta o proceso de fabricación artesanal que segue Tunhas para crear pezas únicas, desde os primeiros pasos ata o produto final. Esta exposición está formada por 21 láminas dun total de 80 sobre o traballo deste artesán.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.