PUBLICIDADE

Falece Pilar Díaz-Caso, profesora e ex directora da EFA Piñeiral de Arzúa

Pilar Díaz-Caso, profesora e ex directora da EFA Piñeiral de Arzúa, faleceu onte venres á idade de 56 anosPilar Díaz-Caso, profesora e ex directora da EFA Piñeiral de Arzúa, faleceu onte venres á idade de 56 anos

Arzúa e a comarca de Compostela están de loito. Pilar Díaz-Caso, profesora e directora (2016-2020) da EFA Piñeiral no concello arzuán, faleceu onte venres 13 de febreiro nun accidente en Curtis aos 56 anos de idade. Pilar Díaz-Caso naceu en 1969 en Tineo, Asturias, aínda que residiu gran parte da súa vida en Valladolid. Estudou Económicas e desenvolveu a súa actividade en entidades e institucións do terceiro sector e da formación.

Moi vencellada sempre á Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e ao desenvolvemento rural, principalmente nestes últimos anos. Pilar Díaz-Caso tamén tiña un Máster en Intelixencia Emocional, e compaxinaba o seu labor docente co coaching neste campo. Desde 2016 residía en Santiago de Compostela, e entre ese ano e o 2020 foi a directora da EFA Piñeiral, centro no que era profesora e no que a súa marcha deixa unha importante pegada entre compañeiros e o alumnado.

Durante os seus anos ao fronte da EFA Piñeiral, Pilar Díaz-Caso lideró importantes melloras e puxo en marcha novos proxectos no centro, moitos deles vencellados a Festa do Queixo de Arzúa, pero sobre todo ao municipio e á comarca. E trasladou á comunidade a súa mensaxe, a máis importante, as persoas por encima de todo, as persoas no centro. “Era un sorriso eterno, e seguirao sendo”, descanse en paz.

PUBLICIDADE
Pilar Díaz-Caso, segunda pola dereira, durante a presentación da Festa do Queixo de Arzúa cando dirixía a EFA Piñeiral
Pilar Díaz-Caso, segunda pola dereita, durante a presentación da Festa do Queixo de Arzúa cando dirixía a EFA Piñeiral
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.