PUBLICIDADE

Falece Emilio Navaza, xornalista deportivo e impulsor da Carreira Pedestre de Santiago

O xornalista deportivo Emilio Navaza, impulsor da Carreira Pedestre Popular de Santiago, faleceu onte venres á idade de 77 anosO xornalista deportivo Emilio Navaza, impulsor da Carreira Pedestre Popular de Santiago, faleceu onte venres á idade de 77 anos

Onte foi un día moi triste para o xornalismo e para o deporte galego, principalmente para o atletismo. Emilio Navaza faleceu á idade de 77 anos. Nado en Pontevedra e residente en Santiago desde os 13, a súa vida estivo sempre moi vencellada ao atletismo e ao olimpismo, chegando incluso a formar parte do equipo da Sociedade Deportiva Compostela.

Foi xefe da sección de Deportes de El Correo Gallego ata uns anos antes da súa xubilación, e foi o verdadeiro impulsor da Carreira Pedestre de Santiago, “a proba popular máis bonita de Galicia” e que case todo picheleiro realizou algunha vez na súa vida. Irmá da tamén xornalista xubilada Tereixa Navaza, Emilio Navaza foi un firme defensor do atletismo como o único “deporte rei” e marcou unha época da crónica deportiva galega, nacional e internacional.

Deu a luz, entre outros libros, a Gallegos en la gloria olímpica (1992), Voluntad de hierro. Los gallegos de Barcelona 92, año olímpico (1996) ou a Más allá de la meta. Historias Atléticas de Galicia (Alvarellos Editora, 2022). Tamén publicaba desde hai anos as súas historias, experiencias e a súa sabedoría sobre o mundo do atletismo na páxina web Vida atlética de Galicia.

PUBLICIDADE

A súa gran paixón, ademais do xornalismo, eran o olimpismo e en especial o atletismo, especialidade á que sempre estivo moi vencellado, recibindo no 2003 a Insignia de Ouro da Federación Galega de Atletismo, e no 2013 xunto coas tres universidades galegas, a Medalla Pierre de Coubertín da Real Academia Olímpica Española.

Emilio Navaza deixa viúva e dúas fillas tras o recente falecemento dunha terceira. A capilla do Complexo Funerario Apóstol Santiago, en Boisaca, acolle esta tarde (18:30 horas) a misa polo seu eterno descanso, para posteriormente ser incinerado na intimidade familiar.

Saída da primeira edición da Carreira Pedestre Popular de Santiago, impulsada por Emilio Navaza, en 1978
Saída da I Carreira Pedestre Popular de Santiago, impulsada por Emilio Navaza en 1978 (Foto: Vida atlética de Galicia)
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.