PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Fene cobrará progresivamente os recibos pendentes da depuración de augas residuais

O cobro responde á aplicación efectiva dunha ordenanza fiscal aprobada no 2014.O cobro responde á aplicación efectiva dunha ordenanza fiscal aprobada no 2014.

Ante as dúbidas da veciñanza sobre o cobro polo servizo de depuración de augas municipais, o Concello de Fene emitiu un comunicado para aclaralas. Segundo o Goberno local, este cobro responde á aplicación efectiva dunha ordenanza fiscal aprobada no 2014, que non fora implantada ata agora. Neste sentido, lembra que os concellos veciños que empregan a mesma depuradora levan unha década aplicando este cobro por un servizo compartido entre os tres municipios e a Xunta de Galicia.

O recibo emitirase trimestralmente a través do Servizo de Recadación da Deputación da Coruña, co obxectivo de cubrir os custos asociados ao tratamento das augas residuais. Ademais, iniciouse tamén o cobro dos recibos pendentes desde 2021. Para minimizar os posibles problemas, estes cargos atrasados efectuaranse de maneira progresiva ata completar os trimestres pendentes.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, explicou que esta medida busca garantir a sostibilidade do sistema e cumprir coa normativa vixente. “É necesario que asumamos a responsabilidade que nos corresponde como Concello no financiamento dun servizo esencial para a protección do medio ambiente”. Así mesmo, confía en que o sistema de pagamento progresivo “axude a minimizar o impacto nos petos das familias”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.