PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Fene leva o abastecemento a toda a parroquia de Limodre

PorBisbarra

Venres, 29 Novembro 2024 ,
Tras unha proba de presión e a reposición do solo levantado, rematará a actuación no abastecemento de Limodre.Tras unha proba de presión e a reposición do solo levantado, rematará a actuación no abastecemento de Limodre.

O Concello de Fene culminará nos próximos días as obras de dotación de abastecemento de auga nos lugares do Camiño Grande, O Cotillón, A Fraga e O Sino, na parroquia de Limodre. Con esta actuación garántese o acceso á rede de auga ao 100% das vivendas da parroquia.

O concelleiro de obras, Manuel Polo, explicou que xa están colocadas as válvulas e as chaves de paso en toda a obra. Agora realizarase unha proba de presión de auga para verificar que non existen fugas e que a subministración funciona correctamente. Unha vez comprobado que todo está en orde, procederase á reposición das zonas levantadas. Así, esta obra “asegura que todas as vivendas de Limodre dispoñan dunha subministración eficiente e segura, mesmo nos meses de maior demanda”, proseguiu o edil.

Pola súa banda, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, subliñou a importancia desta intervención para mellorar a calidade de vida da veciñanza. “Con esta obra, aseguramos que toda a parroquia de Limodre teña acceso á auga potable, resolvendo unha carencia histórica e garantindo unha infraestrutura esencial para o benestar da nosa cidadanía”. Así mesmo, puxo en valor o compromiso do Concello coa modernización das infraestruturas municipais en todo o termo municipal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As obras, cun investimento de 100.648,64 euros con cargo ao POS+ Adicional da Deputación da Coruña, están a piques de finalizar dentro dos prazos previstos. A intervención incluíu a instalación de canalizacións de polietileno de alta densidade e a utilización de técnicas avanzadas para reducir o impacto sobre as vías municipais, respectando as características xeográficas da zona.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.