PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Fene realiza unha auditoría para mellorar o abastecemento

PorBisbarra

Luns, 30 Setembro 2024 , ,
O Concello de Fene encargou unha auditoría para identificar deficiencias no abastecemento e adiantar solucións detalladas.O Concello de Fene encargou unha auditoría para identificar deficiencias no abastecemento e adiantar solucións detalladas.

O Concello de Fene realizou unha auditoría para identificar as principais deficiencias no abastecemento e adiantar solucións. O estudo foi adxudicado por 9.290,80 euros e inclúe propostas detalladas para reducir as perdas de auga, que actualmente se sitúan no 32%.

O concelleiro de obras, Manuel Polo, destacou que “este estudo axúdanos a coñecer en profundidade o estado actual da rede e a planificar as actuacións necesarias para garantir un servizo de calidade”. Así mesmo, o edil adiantou que “a renovación de tramos de fibrocemento e a modernización do equipamento serán claves para evitar perdas e mellorar a eficiencia do sistema”.

CONCLUSIÓNS DA AUDITORÍA

Entre as conclusión deste estudo destacan tres medidas a adoptar. A primeira é a renovación da rede de fibrocemento, un total de 7.746 metros de tubaxe. Debido ao desgaste natural derivado do paso do tempo, aumenta o risco de roturas. Así pois, proponse a renovación prioritaria de tramos críticos, como a rúa Tellerías e o cruce da Avenida das Pías, cuxo proxecto xa está en marcha.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Por outra banda, o estudo tamén apunta á necesidade de realizar campañas de busca de fugas, adoptando tecnoloxías como Permalog. Por último, o informe propón a subdivisión da rede en 11 sectores, o que permitiría un control máis preciso dos caudais e da presión en cada un deles.

En total, o estudo estima un investimento total de 2.986.485,55 euros para executar as medidas necesarias para a súa implantación. Este importe cubriría a renovación de contadores, a sectorización, a posta en marcha dunha plataforma de control, a renovación da rede, campañas de busca de fugas e fraudes e accións de concienciación.

Neste sentido, o concelleiro de obras fenés explicou que “se trata dun investimento elevado, pero resulta imprescindíbel avanzar na modernización dunha rede cunha idade media de 40 anos e mellorar o rendemento hídrico”.

A realización deste estudo contou co financiamento de Augas de Galicia, a través da liña de subvencións a concellos destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.