PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O ‘SendAres’ 2024-2025 bota a andar

PorBisbarra

Luns, 30 Setembro 2024 , , ,
Participantes nunha das rutas do programa municipal ‘SendAres’ a pasada tempadaParticipantes nunha das rutas do programa municipal ‘SendAres’ a pasada tempada

O primeiro intinerario do ‘SendAres’, o domingo 20 de outubro, transitará pola Igrexa de Santa Olaia ou pola antiga vía ao Mosteiro de Caveiro

O Concello de Ares vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na primeira das rutas que forman parte do programa municipal SendAres 2024-2025, que organiza a través do departamento de Deportes.

Dende o pasado xoves 19 de setembro, ás 14:00 horas, as persoas interesadas xa poden formalizar a súa reserva de prazas a través da páxina web do Concello de Ares: www.concellodeares.gal.

No primeiro dos itinerarios programados para esta nova tempada, os sendeiristas achegaranse até a Igrexa de Santa Olaia de Soaserra, en Cabañas, descendendo logo ata o Camiño dos Encomendeiros e percorrendo a antiga vía de acceso ao Mosteiro de Caaveiro, unha senda na que aínda resoan os ecos da historia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Todos os participantes deberán levar tentempé, pois organizarase un xantar durante o desenvolvemento da ruta de sendeirismo. Esta primeira camiñada organizarase o domingo 20 de outubro, e contará cun percorrido de 14,5 quilómetros e unha dificultade alta.

Prezo e reserva de praza primeira ruta SendAres 22024-2025

Partirá dun prezo de 15 euros con servizos de guía, seguros e transporte de ida e volta incluídos. No tocante aos horarios de desprazamento, o autobús partirá dende a Praza da Igrexa de Ares ás 8:30 horas e regresará á vila contra as 17:00 horas.

A área de Deportes do Concello de Ares, oferta para esta primeira ruta un total de 25 prazas, e que se irán cubrindo por orde de solicitude até o vindeiro 7 de outubro ás 23:59 horas, ou ata o esgotamento das mesmas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Ares.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.