PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Irles e Garrido gañan a Milla Urbana de Valdoviño

O podio masculino da Milla Urbana disputada no Concello de ValdoviñoO podio masculino da XI edición da Milla Urbana disputada no Concello de Valdoviño o pasado 22 de setembro

A Milla Urbana, que se desenvolveu no paseo marítimo da Frouxeira, contou na saída con case un cento de corredores

Carla Irles e Jorge Garrido foron os gañadores absolutos da XI Milla Urbana de Valdoviño, que se disputou, o domingo 22 de setembro, no paseo marítimo da Frouxeira e que reuniu na saída a case un cento de corredores de todas as categorías.

Os participantes, na milla urbana organizada polo departamento de Deportes do Concello de Valdoviño, tiveron que completar diferentes distancias segundo a categoría e que foron dende os 100 metros para os máis cativos ata os 1.609 metros nas categorías superiores.

Resto de gañadores da Milla Urbana

Xunto a Jorge Garrido e Carla Irles, o resto de gañadores desta XI Milla Urbana foron, por categorías: Cecilia Benasach e Adrián López en alevíns; Miguel Benasach en infantís; María Benasach e Miguel Ríoseco en benxamíns; Paula Fojo e Édgar Leira en cadetes; Emma Vázquez en júniors; Cristina Rodríguez e David Campos en promesas; Silvia Coba e Pablo Piñeiro, Laura Núñez e Mario López, Fani Ferreiro e José Ángel López e José Lopez, en veteráns 1,2,3 e 4, respectivamente.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Varios dos participantes na XI edición da Milla Urbana disputada no Concello de Valdoviño
Varios dos participantes na XI Milla Urbana, disputada no Concello de Valdoviño
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.