A cuarta edición do torneo de xadrez, pertencente ao Circuíto Galego, disputouse no centro cívico social do Alto do Castiñeiro
O IV Torneo de Promoción de Xadrez, disputado o pásado sábado 21 de setembro no centro cívico social do Alto do Castiñeiro de Narón contou con 136 participantes procedentes de todos os clubs de Galicia.
A proba, pertencente ao Circuíto Galego e organizada pola Federación Galega de Xadrez, o Círculo de Xadrez e o Concello de Narón, disputouse nas categorías promesas (Sub-8), benxamíns (Sub-10), alevíns (Sub-12) e infantís (Sub-14).
Os gañadores por categorías deste IV Torneo de Promoción de Xadrez foron os deportistas Manuel Ríos do Club Lucena en Sub-8; Xoel Roo do CD Marquino en Sub-10; Nicolás Fernández do EX Compostela en Sub-12 e Hugo Souto do Xadrez Mos en Sub-14.