PUBLICIDADE

Fernando Redondo asume a presidencia do PP de San Amaro

PorBisbarra

Luns, 2 Xuño 2025 ,
Redondo foi elixido novo presidente do PP en San Amaro no congreso popular local.Redondo foi elixido novo presidente do PP en San Amaro no congreso popular local.

Fernando Redondo é o novo presidente do PP en San Amaro. Así o referendou a militancia que participou no congreso desta agrupación local. O tamén alcalde de San Amaro declarou que pretende que a agrupación popular municipal“contribúa a seguir facendo máis grande o Partido Popular”.

No congreso local, Redondo estivo acompañado polo presidente provincial, Luís Menor, e a vicepresidenta Marta Novoa. Tamén participou un numeroso grupo de simpatizantes, alcaldes e portavoces de toda a comarca.

Redondo marcouse como obxectivos “seguir traballando para mellorar o concello e estar sempre a disposición da veciñanza”. O rexedor afirmou contar cun gran equipo ao que lle pediu “facer pobo, facer concello e facer provincia desde o partido para que a xente se sinta orgullosa de San Amaro”. O presidente local tamén tivo un emotivo recoñecemento público para o seu predecesor, Ernesto Pérez, ao que agradeceu que lle invitase a participar na vida política local e os seus consellos.

PUBLICIDADE

“Ernesto Pérez fixo unha gran transición buscando a renovación e elixindo ao mellor sucesor”, dixo pola súa banda o presidente provincial. Asemade, puxo en valor o traballo de Redondo por unha política baseada en “ideas en positivo e poñendo moita ilusión na mellora do pobo”.

Os congresos locais, destacou Luís Menor, serven para “avaliar, organizar e proxectar o partido, labor importante cando se cumpre o ecuador do mandato municipal”. O líder dos populares ourensáns subliñou que “no 2027 Fernando Redondo revalidará a maioría que lle permite dar a San Amaro a estabilidade de goberno que merece”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.