O Concello de Ferrol finalizou os traballos de aglomerado na estrada do Lago en Doniños. “Trátase dunha actuación moi demandada polos veciños desta parroquia”, explicou o concelleiro de Obras, José Tomé. Esta obra incluíuse dentro do POS+Adicional do 2022 e contou cun orzamento de case 80.000 euros.
Nos próximos días finalizará tamén o aglomerado de tramo na estrada de Ferrol-Doniños-San Xurxo, a estrada do Vilar. Neste caso, a obra foi adxudicada por 85.445 euros e enmárcase no POS+2023.
Asemade, hoxe comezarán os traballos de aglomerado na rúa Irmandade doadores de sangue. A maiores, a vindeira semana iniciaranse os traballos na rúa Baldomero Beceiro en Serantes.