PUBLICIDADE

O panorama político da Ulloa non mudará despois das eleccións de 2027

PorBisbarra

Venres, 30 Maio 2025 , , , ,
Infografía da enquisa realizada sobre a estimación de voto para as vindeiras eleccións locais de 2027 na Comarca da Ulloa.

Xa se coñecen os datos da última enquisa da intención de voto nas localidades da Ulloa e semella que o panorama nas Alcaldías despois de maio de 2027 pode volver a repetir case o mesmo patrón que nesta última lexislatura. Como é habitual, o equipo de Crónicas da Comarca, – medio de comunicación que forma parte de COINGA Comunicación, ao igual que Bisbarra – cando faltan dous anos para as eleccións locais analiza cómo está a situación política nas localidades da Ulloa e opta por trazar cal pode ser a realidade futura despois dos comicios de 2027.

Taboada revalidará a súa ampla maioría en Palas de Rei

Unha vez analizados os datos, reafírmase que Pablo Taboada, o actual alcalde de Palas de Rei, volvería a ocupar a Alcaldía debido a unha nova maioría nas urnas. As enquisas volven sitúalo no primeiro posto, pese ás críticas que nos últimos tempos obtivo él e o seu equipo de goberno, debido ao seu posicionamento no referente á chegada de Altri á Ulloa. Semella que, os movementos en contra de Altri, sí poderían afectar ao partido socialista palense, perdendo un concelleiro que podería gañar o BNG.

PUBLICIDADE

Pola súa parte, Pablo Taboada, parece afianzar a Alcadía por catro anos máis, hai voces que apuntan a esta estabilidade polo seu traballo a prol da vila e da industria local: a consecución dunha estación da ITV, a ampliación do polígono industrial, o asentamento de empresas como Bioflytech na localidade co seu consecuente aumento dos postos de traballos, poden ser razón polas que, a veciñanza volverá a depositar a súa confianza nas mans de Taboada.

Porto aséntase como alcaldesa de Antas de Ulla

Se nos achegamos á posible realidade de Antas de Ulla despois das vindeiras eleccións locais, hai unha clara gañadora que conservaría a Alcaldía: a actual rexedora, Pilar García Porto conservaría os 5 concelleiros que ten nestes momentos. Existe a posibilidade de que o Partido Popular perda un concelleiro e quedaría con 3, concelleiro que pode recaer no Bloque Nacionalista Galego.

Goberno continuista en Monterroso

No referente ao Concello de Monterroso, con moitas opcións de diversos partidos políticos para chegar a Alcaldía, semella que as eleccións do ano 2027 volverían darlle a maioría ao actual alcalde, ao popular Eloy Pérez, cunha subida entre un e dous concelleiros, con 4 ou 5 representantes na casa do concello. Tal e como apunta a enquisa, os socialistas poden perder un concelleiro e o BNG subiría entre un ou dos concelleiros, os demais partidos nesta localidade poderían optar a un concelleiro.

Con todo, e unha vez analizados os datos da enquisa, se chegan a cumprise, parece que o panorama político da Comarca da Ulloa non vai mudar moito no que corresponde á configuración das Alcaldías coas vindeiras eleccións locais. Queda por ver, cal é o resultado final e como a actualidade pode, ou non, afectar ao escrutinio final.

FICHA TÉCNICA

Traballo de campo  Comunicación Independente Galega (COINGA) 

Obxectivo Estimación de voto para as eleccións municipais no Concello de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

Universo Poboación con dereito a voto tipo de entrevista telefónica asistida por computadora. Mostraxe Aleatoria de fogares sobre listado de liñas telefónicas fixas. Cotas de xénero e idade para a escolla de persoas en cada vivenda.

Antas de Ulla 

Mostra Deseñada 125 / Executada: 125

Indecisión 30,0% 

Datas do campo do 28 de Abril  ao 7 de Maio

Marxe de erro

Na hipótese de mostraxe aleatoria simple, cun nivel de confianza do 90% e no caso historicamente máis desfavorable (p=45%=1-q) o erro máximo admitido é ±4,92%  

Monterroso

Mostra Deseñada 150 / Executada: 150

Indecisión 35,0% 

Datas do campo do 28 de Abril  ao 7 de Maio

Marxe de erro

Na hipótese de mostraxe aleatoria simple, cun nivel de confianza do 90% e no caso historicamente máis desfavorable (p=45%=1-q) o erro máximo admitido é ±4,92%  

Palas de Rei

Mostra Deseñada 150 / Executada: 150

Indecisión 28,0% 

Datas do campo Do 28 de Abril  ao 7 de Maio

Marxe de erro

Na hipótese de mostraxe aleatoria simple, cun nivel de confianza do 90% e no caso historicamente máis desfavorable (p=45%=1-q) o erro máximo admitido é ±4,92% 

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.