PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol acolle o congreso “Polymer Processing 2024”

PorBisbarra

Martes, 1 Outubro 2024 ,
Martina Aneiros e Jose Manuel Rey Varela participaron na inaguración do congreso “Polymer Processing 2024”.Martina Aneiros e Jose Manuel Rey Varela participaron na inaguración do congreso “Polymer Processing 2024”.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, deu onte a benvida aos participantes do congreso Polymer Processing 2024. Tamén asistiu á sala Carlos III de Exponav a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Este congreso ten como obxectivo fomentar o intercambio de desenvolvementos e innovacións en áreas relacionadas coa enxeñería de polímeros. Así pois,reúne a 220 persoas procedentes de 29 países dos cinco continentes.

Así mesmo, coincide coa reunión rexional europea da Polymer Processing Society. O obxectivo desta entidade é promover a investigación para lograr a transformación dos materiais poliméricos en produtos listos para comercializar.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O rexedor ferrolán agradeceu á organización que escollera Ferrol como a primeira cidade española que acolle este encontro. Neste sentido, afirmou que “Ferrol está no mapa da alta formación e do progreso industrial” e fixo fincapé en que a cidade conta co primeiro Campus Industrial de España.

Precisamente, a través do Campus Industrial preténdese dar resposta aos retos que presenta a industria do futuro. “Estamos a contribuír ao desenvolvemento dunha industria máis intelixente, eficiente e respectuosa co medio ambiente”, manifestou o alcalde.

A concelleira de Educación e Universidade de Ferrol asitiu á inauguración do congreso Polymer Processing 2024.
A concelleira de Educación e Universidade de Ferrol asitiu á inauguración do congreso Polymer Processing 2024.

INAUGURACIÓN DO POLYMER PROCESSING 2024

Tras a benvida do alcalde e a delegada territorial da Xunta, hoxe tivo lugar a inauguración do congreso. Neste caso, contou coa participación da concelleira de Educación e Universidade, Patricia Cons.

A edil resaltou que este evento “fomenta a comprensión científica e a innovación técnica no procesamento de polímeros, proporcionando un foro para enxeñeiros e científicos de todo o mundo”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.