PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol adxudica a xestión do aparcadoiro soterrado do mercado da Magdalena

PorBisbarra

Martes, 24 Decembro 2024 , ,
Ferrol adxudicou por case 218.000 euros ao ano o servizo auxiliar do aparcadoiro da Magdalena.Ferrol adxudicou por case 218.000 euros ao ano o servizo auxiliar do aparcadoiro da Magdalena.

A xunta de Goberno local do Concello de Ferrol adxudicou a prestación de servizos auxiliares para a xestión e control do aparcadoiro subterráneos do mercado da Magdalena. Así o comunicou o alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela, facendo fincapé en que o servizo levaba anos sen contrato. A empresa adxudicataria é Aplicacións para Cristalizados SL, cun orzamento de 217.655,28 euros por ano.

“O contrato ten por obxecto a prestación dos servizos auxiliares necesarios para o funcionamento deste aparcadoiro, que ten 240 prazas entre e se atopa baixo o mercado e na zona leste con entrada pola praza do Carbón”.

O prazo de execución do contrato segundo o disposto nos pregos será dun ano, con posibilidade de prórroga por outros tres anos máis.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

CARACTERÍSTICAS DO APARCADOIRO

O aparcamento ten dúas zonas diferenciadas na zona leste, que conta con dúas plantas cunha superficie de 1.200 metros cadrados e 70 prazas por planta. A entrada de vehículos é pola rúa Irmandiños e saída por rúa da Igrexa.

A zona oeste, que tamén ten dúas plantas, conta con 2.200 metros cadrados por planta, con 90 prazas na primeira e 98 na segunda. A entrada e saída de vehículos pola rúa Irmandiños.

Rey Varela recordou que o aparcadoiro municipal do mercado da Magdalena é una aparcadoiro público, xestionado directamente polo Concello de Ferrol. A zona oeste está operativo 24 horas ao día e 365 días ao ano, polo que require presencia permanente dun servizo de atención á cidadanía para o desenvolvemento das actuacións que require o seu funcionamento, como o cobro aos usuarios ou manexo do control do sistema de acceso e saída ao aparcadoiro.

No caso do aparcadoiro zona leste, está aberta en horario de 8.00 a 22.00 horas todos os días do ano. Tamén ser require a presencia dun servizo de atención ao usuario.

“Esperamos mellorar as condicións do servizo, con este contrato para garantir a operatividade dos dous aparcamentos”, afirmou o alcalde.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.