PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol aproba a prórroga dos talleres “Xuntas Medramos”

PorBisbarra

Luns, 9 Decembro 2024 ,
A prórroga dos contratos abarca ata decembro de 2025.A prórroga dos contratos abarca ata decembro de 2025.

A xunta de Goberno local de Ferrol aprobou a prórroga dos contratos administrativos do Servizo para a coordinación e execución dos obradoiros con perspectiva de xénero “Xuntas Medramos”. Máis en concreto, corresponden ao lote 1, de autocoidado, empoderamento persoal e disciplinas artísticas; e lote 2, de alfabetización, empoderamento dixital e desenvolvemento profesional. Ditos contratos foron adxudicados á empresa Esproade SL por un período dun ano, de xaneiro a decembro de 2025, nas mesmas condicións establecidas nos contratos asinados o 30 de xaneiro de 2024.

O importe total ascende a 54.334 euros, divididos en 29.218 euros para o lote 1 e 25.116 para o lote 2.

No 2024 participaron preto de 400 mulleres nos diferentes talleres. Estes celebráronse en dous períodos; desde o 2 de abril ata o 14 xuño e do 14 de outubro ata o vindeiro 20 de decembro. As actividades lévanse a cabo en distintos barrios e parroquias da cidade, así como en diferentes horarios, para facilitar a participación ás mulleres.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.