PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol investirá máis de 18.000 euros en mellorar a sinalización das praias

PorBisbarra

Luns, 9 Decembro 2024 , ,
Imaxe de Covas, unha das praias do Concello de Ferrol.Imaxe de Covas, unha das praias do Concello de Ferrol.

A Concellería de Seguridade e Mobilidade destinará a 18.132,65 euros na mellora da sinalización na contorna das praias da cidade. Para coñecer as necesidades, a Policía Local realizou un estudo da sinalización vertical e horizontal dos accesos e das zonas de estacionamento das praias do municipio. Así pois, o contrato foi adxudicado á empresa Lufisa Servicios SL.

“O obxectivo é ordenar os espazos coa finalidade de acadar un uso máis equitativo e seguro dos areais para a veciñanza e turistas”, afirmou a concelleira de Seguridade e Mobilidade, Pamen Pieltain.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.