PUBLICIDADE

Ferrol aproba os orzamentos máis altos da súa historia

PorBisbarra

Luns, 19 Xaneiro 2026 , ,
O Concello de Ferrol aprobou en pleno extraordinario o orzamento do 2026, que ascende a 97.164.911,85 euros.O Concello de Ferrol aprobou en pleno extraordinario o orzamento do 2026, que ascende a 97.164.911,85 euros.

O Concello de Ferrol aprobou en pleno extraordinario o orzamento do 2026, que ascende a 97.164.911,85 euros. Cos votos favor do Goberno, Ferrol deu luz verde ao documento económico, cun 5,71% máis que as cifras do orzamento do ano 2025 e un 23,2% respecto do exercicio do ano 2023. Así, convértese no orzamento máis elevado da historia da cidade.

A concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo, recordou que é o cuarto orzamento do actual mandato aprobado en tempo e forma. “Unha xestión económica seria e solvente, que permite ao Concello comezar o ano coas contas feitas e coa planificación necesaria para avanzar tanto no día a día como nos grandes proxectos de cidade”.

Sanjurjo explicou que as dúas reclamacións presentadas ao orzamento non se axustan aos supostos legalmente establecidos, polo que non son susceptibles de admitirse a trámite. A primeira, presentada polo grupo municipal do BNG, recolle solicitudes de reducción de ingresos e inclusión de novos gastos. “Non especifica en xeral a forma de financiamento”, apuntou a edil, de xeito que a redución de ingresos xunto co aumento de máis gastos “quebraría o equilibrio presupostario, que é obligatorio”.

PUBLICIDADE

A segunda reclamación foi presentada por un funcionario do corpo de bombeiros e refírese ao procedemento de tramitación da RTP. A concelleira recordou que “o procedemento de tramitación da RPT é un procedemento diferente e independente da aprobación dos orzamentos”. Asemade, insistiu en que “a RPT contou co apoio maioritario dos sindicatos”.

Tras estas aclaracións, a concelleira de Facenda subliñou que “Ferrol conta xa con catro orzamentos consecutivos neste mandato, o que non é habitual e demostra unha clara vontade de gobernar con estabilidade, planificación e visión de futuro”. “O Goberno municipal está aquí para traballar polos ferroláns e ferrolás, fomos elixidos para facer de Ferrol unha cidade de oportunidades, unha cidade que medra e que mira ao futuro con ambición e responsabilidade”, concluíu.

No transcurso do segundo punto da sesión produciuse un problema técnico no equipo de son, que obrigou a un receso. Tras este, reanudouse o pleno coa ausencia dos grupos da oposición. Tras avotación e a aprobación definitiva, o orzamento do 2026 foi remitido ao Boletín Oficial da Provincia, polo que se prevé a súa entrada en vigor nos próximos días.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.