PUBLICIDADE

O Auditorio de Cedeira acolle a estrea de ‘Cinzas ás cinzas’ debut da compañía O Balcón Teatro

O Auditorio de Cedeira acolle a estrea de 'Cinzas ás cinzas', unha obra de teatro que supón o debut da compañía O Balcon TeatroO Auditorio de Cedeira acolle a estrea de 'Cinzas ás cinzas', unha obra de teatro que supón o debut da compañía O Balcon Teatro

O Auditorio do Concello de Cedeira acollerá o vindeiro día 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, a estrea de Cinzas ás cinzas, a primeira produción da compañía O Balcón Teatro. Álex Rocha, Sandra Martínez, Uxía Muíño e Nelu Vermouth conforman este novo grupo, que contou coa colaboración do Concello para ter un mes de residencia artística no escenario no que o vindeiro sábado farán o seu debut.

As entradas para asistir á representación Cinzas ás cinzas no Auditorio teñen un prezo de 2,50 euros e poden reservarse por Whatsapp (649 876 614) e na billeteira municipal desde unha hora antes de que comece a obra de teatro.

Cinzas ás cinzas é a historia dun crime, unha reflexión sobre a paixón que a sociedade actual
sente por este tipo de historias e pola delgada liña que separa o interese do morbo. A peza está dirixida por Álex Rocha e interpretada por Sandra Martínez, Uxía Muíño e Nelu Vermouth, todos de Narón e
vencellados pola Escola de Teatro ou a Banda de Gaitas deste municipio. É a historia dun asasinato
nun piso compartido
. Nese espazo desenvólvese a acción, que ten outros niveis narrativos na
televisión ou na comisaría e que conta co público como xuíz.

PUBLICIDADE

O mes de decembro foi intenso para O Balcón Teatro, que grazas á colaboración do Concello
de Cedeira
puido contar co escenario do Auditorio para realizar ensaios coa iluminación e outros
elementos importantes cara á montaxe final
. Nelu Vermouth agradece o apoio e resalta a
facilidade que atoparon na localidade, coa que os compoñentes da compañía manteñen lazos
familiares e mesmo de traballo.

“Cedeira é pequena pero matona no eido cultural”, di o actor, que lembra que a primeira intención da compañía foi representar Crimen perfecto de Frederick Knott, a historia que levou ao cine Alfred Hitchcock, pero por cuestións de dereitos e outras dificultades levaron ao grupo a crear a súa propia peza.

O venres 23 de xaneiro, o Balcón Teatro fará tamén un pase da obra para o alumnado do IES Punta
Candieira
, toda unha experiencia que a compañía asume como outro reto máis.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.