PUBLICIDADE

Ferrol licita a rehabilitación do Bambú Club por 485.000 euros

PorBisbarra

Martes, 27 Maio 2025 , , ,
Ferrol porá disposición da veciñanza de Recimil dun novo equipamento social co futuro Bambú Club.Ferrol porá disposición da veciñanza de Recimil dun novo equipamento social co futuro Bambú Club.

O Concello de Ferrol sacou a licitación a rehabilitación do Bambú Club por máis de 485.000 euros. Este proxecto inclúese no convenio de transformación urbana firmado coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas o pasado mes de abril, que conta cun investimento de 12 millóns de euros. A Xunta de Galicia contribuirá cunha achega económica máxima de nove millóns de euros, equivalente ao 75% do orzamento estimado. Pola súa banda, o Concello de Ferrol farase cargo da contía restante.

UN EQUIPAMENTO SOCIAL PARA O BARRIO

O futuro Bambú Club contará cunhas instalacións dotadas de accesibilidade e percorridos de evacuación. Así mesmo, realizarase unha nova distribución para o aproveitamento do espazo. Está prevista a instalación de grandes portas corredoiras, que permiten dividir e unir distintas salas. Ademais, aproveitarase o espazo que marca a posición da corredoira para crear tres almacéns onde poder gardar cadeiras, mesas e demais elementos necesarios para realizar distintas actividades.

As ventás estarán dotadas de contras para poder escurecer as salas para proxeccións e contará con cafetería. Asemade, o mural de González Collado deixará de ser fondo de barra para quedar exposto e dotalo de protagonismo. Para que o local cumpra coa evacuación no caso de incendios, créase unha nova saída no fondo do local cara a rúa Mugardos.

PUBLICIDADE
Con esta rehabilitación, Ferrol prevé dinamizar o barrio de Recimil.
Con esta rehabilitación, Ferrol prevé dinamizar o barrio de Recimil.

Con esta actuación, o Concello de Ferrol porá disposición da veciñanza de Recimil dun novo equipamento social que permitirá dinamizar o barrio.

Esta importante licitación para converter o antigo Bambú nun equipamento social para o barrio súmase outras nestes últimos días. Neste senso, o Concello de Ferrol licitou a reurbanización da fase 1 da rúa Rubalcava, por 1,5 millóns de euros; a cuberta do parque infantil do Inferniño, cun orzamento de 270.0000 euros; e melloras nos pavillóns dos CEIPs públicos da cidade, polo importe dun millón de euros. En total, estas catro obras suman máis de 3,2 millóns de euros de investimento nos barrios.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.