PUBLICIDADE
Deleite promove unha bolsa para unha residencia literaria dirixida a escritores e escritoras en lingua galega e que se desenvolverá no mes de xuño na Residencia Literaria 1863Deleite promove unha bolsa para unha residencia literaria dirixida a escritores e escritoras en lingua galega e que se desenvolverá no mes de xuño na Residencia Literaria 1863

A marca Deleite promove, a través da convocatoria desta bolsa, un retiro creativo na Residencia Literaria 1863 no mes de xullo na Coruña, ademais dunha achega de 3.000 euros

A marca Deleite vén de anunciar a convocatoria dunha bolsa, que permitirá á persoa agraciada participar nun retiro creativo na Residencia Literaria 1863 (rúa Rego de Auga, A Coruña), que se desenvolverá durante o mes de xullo.

Así, esta bolsa, dirixida a escritores e escritoras en lingua galega, é unha mostra máis da aposta de Deleite pola cultura galega e o seu selo de indentidade. Un apoio que se ve reflectido na colaboración noutras iniciativas como festivais de música, teatro, arte, o como neste caso literatura.

Así, con esta bolsa a marca colabora coa Residencia Literaria 1863, baixo a denominación Deleite Literario. Unha oportunidade para pasar o mes de xullo concentrados nun proxecto de creación literaria e para a que se otorgará tamén unha achega de 3.000 euros.

PUBLICIDADE

O autor o autora interesada en concorrer a esta bolsa literaria de Deleite ten que contar polo menos cun libro publicado en galego, e deberá presentar unha memoria de proxecto, bio-bibliografía, carta de motivación e mostra de traballos anteriores capaces de convencer a un xurado experto, designado polas dúas entidades convocantes, que a seleccione nun proceso de concorrencia competitiva.

Toda a información e as bases deste Deleite Literario pódense consultar nas páxinas web: https://www.deleite.gal/ e https://residencia1863.gal/

Deleite promove unha bolsa para unha residencia literaria dirixida a escritores e escritoras en lingua galega e que se desenvolverá no mes de xuño na Residencia Literaria 1863
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.