PUBLICIDADE

O Torneo de Fútbol Base Concello de Cerceda bate o récord de participación con 52 equipos

O Torneo do Fútbol Base Concello de Cerceda batiu o récord de participación nunha edición que se disputou nos campos do complexo deportivo do RoxoO Torneo do Fútbol Base Concello de Cerceda batiu o récord de participación nunha edición que se disputou nos campos do complexo deportivo do Roxo

O fútbol base galego deuse cita no complexo deportivo do Roxo, a pasada fin de semana, para disputar o Torneo Concello de Cerceda que reuniu a máis de 1.000 nenos e nenas fronte aos 650 participantes do 2024

O fútbol base galego deuse cita, a pasada fin de semana, no complexo deportivo do Roxo batindo o récord de participación durante a disputa do Torneo Concello de Cerceda, que contou con 52 equipos e preto de 1.000 nenos e nenas, fronte ás 40 formacións e 650 participantes da pasada edición de 2024.

O Torneo de Fútbol Base Concello de Cerceda, que se desenvolveu de xeito ininterrompido entre as 10:00 e as 20:00 horas durante toda a fin de semana, encheu os campos do Roxo de entusiasmo, deportividade e convivencia. Centos de familias, xogadores e adestradores desprazáronse ata Cerceda para desfrutar dunha xornada que combinou deporte, valores e comunidade.

Nesta edición do torneo participaron 18 clubs: CA Cercedense, SDC Ordes, ED O Dolmen, UD Carral, UD Paiosaco, Atlético Arteixo, SE Abella, Sporting Cambre, UD Coristanco, Xuventude Laracha, Trazo CF, Resmón CF, San Tirso, Sporting Coruñés, Sporting Burgo, Portazgo SD, SD Dubra e SD Sofán.

PUBLICIDADE

Unha das grandes novidades deste ano foi a incorporación das categorías infantil e cadete, que se sumaron ás xa habituais prebenxamín, benxamín e alevín. Esta ampliación foi moi ben acollida polos clubs participantes e permitiu que o torneo medrase tanto en número como en calidade competitiva.

Na entrega de trofeos de ambas xornadas participaron o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e o edil de Deportes, Óscar Golán. Ambos destacaron o éxito da convocatoria e agradeceron o traballo conxunto entre o Concello, os clubs e as persoas voluntarias que fixeron posible esta celebración do deporte base.

O Torneo do Fútbol Base Concello de Cerceda batiu o récord de participación nunha edición que se disputou nos campos do complexo deportivo do Roxo
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.