PUBLICIDADE

O Oroso TM Perluquería Tije reinvéntase e logra o ascenso á División de Honor do tenis de mesa español

Integrantes del Oroso TM Peluquería Tije desplazados este fin de semana a Madrid a la fase de ascenso a División de Honor Masculina tras el encuentro que les daba el ascensoIntegrantes del Oroso TM Peluquería Tije desplazados este fin de semana a Madrid a la fase de ascenso a División de Honor Masculina tras el encuentro que les daba el ascenso

O Oroso TM Peluquería Tije regresa á División de Honor, e inicia unha campaña de captación de apoios económicos que lle permita afrontar con garantías a categoría e tentar evitar, custe o que custe, que se repita a historia de hai anos

O Oroso TM Perluquería Tije logrou o seu obxectivo de regresar á División de Honra Nacional Masculina de Tenis de Mesa. A pasada fin de semana, a Real Federación Española de Tenis de Mesa organizou as fases de ascenso a ligas nacionais.

No caso da División de Honra Masculina, a fase, celebrada en Madrid, reuníu a 18 equipos procedentes de toda España que se xogaban as prazas para ascender á categoría de prata do tenis de mesa nacional. Unha fin de semana agónicana que as distintas formacións acudían cos seus mellores xogadores na busca do tan desexado ascenso.

O Oroso TM Perluquería Tije, integrado por Martín Fernández, Federico Otálvaro e Valeri e Sasha Malov, partían como primeiros clasificados do Grupo 1 da liga regular. O que lles permitía salvar a primeira rolda de competición e enfrontarse directamente a un dos vencedores da mesma. O sorteo quixo que este equipo fose o CTM Xerez, segundo clasificado do grupo 6 e que viña de impoñerse na rolda matinal ao CTM Alcobendas.

PUBLICIDADE

O encontro desta fase de ascenso para o Oroso TM comezou da mellor forma para os seus intereses, impoñéndose Otálvaro ao nixeriano Ahmed por 3-0. O seguinte punto para o Oroso TM lográbao Sasha Malov, que vencía a Pablo Vigo por 3-1. Co 2-0 no marcador chegaría un dos partidos máis transcendentais do encontro. Nicolás Sabúgal do Xerez poñíalle as cousas moi costa arriba a Valeri Malov, nun partido de infarto que se decidiría no 2-2.

Finalmente, a balanza inclinouse ao lado do de Oroso, gañando por 3-2 e poñendo o 3-0 no marcador, a só un parcial máis de lograr o obxectivo. No cuarto partido individual, Sasha Malov xogaba para darlle o ascenso ao seu equipo ante Ahmed do Xerez.

Pero houbo que esperar un partido máis, xa que o mozo xogador do Oroso cedía 0-3. Así as cousas, 3-1 no marcador xeral, e saían á pista Otálvaro e Sabúgal. De novo gran partido do de Xerez, que quería darlle unha nova opción ao seu equipo de agarrarse á remontada. Pero finalmente, Otálvaro gañaba por 3-1 e dáballe o último punto ao seu equipo que significaba tamén o encontro por 4-1 e o ansiado ascenso.

Tras unha tempada intensa e chea de dificultades, o equipo de Oroso certificaba o seu ascenso grazas a un traballo constante, un persoal comprometido e o apoio incondicional da súa afección.  Este logro ten moito máis valor, se cabe, se se ten en conta que o equipo está formado integramente por veciños do Concello de Oroso, varios deles ademais, produto da canteira do propio club.

O club, que xa lograra hai 13 anos, o seu primeiro ascenso á División de Honra, á que tivo que renunciar anos despois por dificultades económicas, soubo reinventarse e tirar das súas categorías inferiores para volver situarse entre a elite do tenis de mesa español. Isto demostra o enorme traballo de canteira que se fai en Oroso, non en balde son varias veces Campións de España en diferentes categorías, contan con varios títulos internacionais e actualmente un dos integrantes da súa canteira sitúase no nº 1 da clasificación mundial sub13.

“Volver á División de Honra é un premio ao esforzo de todos: xogadores, corpo técnico, patrocinadores e seguidores. É unha alegría inmensa para o club e para Oroso”, declarou o presidente do club, Ricardo Fernández tras coñecer a noticia, a segunda da xornada xa que “ademais, o noso segundo equipo, o Oroso TM MadeirasIrmáns Castros, logrou tamén o ascenso a 1ª Nacional“, celebrou Fernández.

O club comeza xa unha campaña de captación de apoios económicos que lle permita afrontar con garantías estas dúas esixentes ligas e tentar evitar, custe o que custe, que se repita a historia de hai anos na que tanto o equipo masculino como o feminino tiveron que renunciar ás máximas ligas españolas por falta de recursos económicos.Palabras descoñecidas

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.