PUBLICIDADE
Acto de entrega do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narrativa e Ilustración Xuvenil e Infantil que convoca a Deputación de OurenseActo de entrega do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narrativa e Ilustración Xuvenil e Infantil que convoca a Deputación de Ourense

O IES Julio Prieto Nespereira de Ourense acolleu o acto de entrega dun XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil do que o xurado destacou a calidade de todos os traballos presentados

O XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil, que convoca a Deputación de Ourense, desenvolveu, onte luns no IES Julio Prieto Nespereira, o acto de entrega dos premios que este ano recaeron en Antonio Yáñez e en Fernándo Díaz nas modalidades de narración e ilustración, respectivamente.

Así, Antonio Yáñez coa obra Azul Cobalto, na modalidade de narrativa, e Fernando Díaz con Viaxe polos soños, en ilustración, recibiron o seus respectivos galardóns do XX Premio Pura e Dora Vázquez de mans do presidente provincial, Luis Menor, que puxo en valor as “vinte edicións deste premio senlleiro” e a aposta pola cultura que “vai no ADN da Deputación”.

O xurado destaca de Azul Cobalto no seu fallo que vai dirixida a un público xuvenil, “sendo unha obra moi orixinal cunha temática rompedora. Que  é doada de ler e engancha moito. Ten unha linguaxe e un estilo moi coidados. Destaca valores como o traballo en equipo e a perseveranza. Enxalza o poder dos soños como memoria e destaca a importancia da lectura para poder entender as cousas”.

PUBLICIDADE

Na categoría de ilustración, o xurado do Premio Pura e Dora Vázquez, conformado por representantes de cada un dos grupos políticos da Deputación de Ourense, elixiu a obra de Fernando Díaz, Viaxe polos soños, por tratarse dun traballo realizado de xeito manual e a lapis, “que capta moi ben os feitos da narración”. Ademais, destaca as ilustracións “con moi bos enfoques, con xogos e prespectivas diferentes, e complementan a narración sen inferir nela, o que favorece que o lector poida imaxinar a historia libremente”.

Acto de entrega do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narrativa e Ilustración Xuvenil e Infantil que convoca a Deputación de Ourense
Antonio Yáñez, esquerda, Luis Menor, e Fernando Díaz tras recibir os seus premios Pura e Dora Vázquez de Narrativa e Ilustración
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.