PUBLICIDADE

O Circuíto 3×3 de baloncesto encheu a praza do Obradoiro de deporte e solidariedade

A praza do Obradoiro acolleu a única cita galega do Circuíto 3x3 de Baloncesto que reuniu a máis de 300 xogadores en CompostelaA praza do Obradoiro acolleu a única cita galega do Circuíto 3x3 de Baloncesto que reuniu a máis de 300 xogadores (Fotos: Mónica Montero)

Máis de 300 deportistas participarón a pasada fin de semana no Circuíto 3×3 de balocesto, única cita galega dun evento dirixido as persoas de todas as idades e condicións, durante o cal se desenvolveu tamén a iniciativa #TRIPLASOLIDARIA cuxa recadación destinouse á Fundación Andrea

O Circuíto 3×3 de Baloncesto CaixaBank encheu, o pasado sábado, a praza do Obradoiro, na que se desenvolveu un evento deportivo, solidario, a prol da igualdade e da inclusión, dirixido a persoas de todas as idades e condicións e que reuniu a máis de 300 deportistas que durante a xornada gozaron do baloncesto, das actividades dirixidas a maiores e familias, ou da inciativa # #TRIPLASOLIDARIA, que se traduciu nunha axuda económica que se destinou á Fundación Andrea.

A cita compostelá foi a única parada en Galicia desta nova edición do Circuíto 3×3 de Baloncesto, que organizaron conxuntamente as federacións española e galega, e que cede agora a testemuña á cidade de Cartaxena, dun circuíto que dende a súa creación no 2012, reuniu a máis de 60.000 xogadores e 430 visitantes tras percorrer 49 cidades.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.