PUBLICIDADE

O Circuíto 3×3 de baloncesto acollerá no Obradoiro a máis de 300 deportistas

O Circuíto 3x3 de baloncesto, que o vindeiro sábado terá lugar na Praza do Obradoiro, reunirá a máis de 300 xogadores de todas as idadesO Circuíto 3x3 de baloncesto, que o vindeiro sábado terá lugar na Praza do Obradoiro, reunirá a máis de 300 xogadores de todas as idades

O Circuíto 3×3 de baloncesto, a maior competición deste tipo, de balde e ao aire libre de España, chega o sábado en Compostela, e nesta edición estará composto por 10 probas en Almería, Santiago, Cartaxena, Pamplona, Satander, A Rioxa, Plasencia, Madrid, Tenerife e Valencia

Xa está todo listo na praza do Obradoiro para que comece, o vindeiro sábado 24 de maio, a segunda cita do Circuíto 3×3 CaixaBank de baloncesto. A competición, que reunirá en Compostela a máis de 300 deportistas de todas as idades e condicións, está composta por un total de 10 probas, en lugares senlleiros de España, e que comezou a pasada fin de semana na localidade de Almería.

O Circuíto 3×3 de baloncesto é a única competición deste tipo, de balde e ao aire libre de España, e dende o seu nacemento, no 2012, congregou a máis de 60.000 xogadores e 430.000 visitantes tras percorrer 49 cidades. O Circuíto 3×3 desenvolvese baixo o concepto Cancha para todxs e está aberto a todas a persoas de todas as idades e condicións.

Este ano o circuíto, que estrea nova imaxen e nomenclatura co patrocinio de CaixaBank, comezou en Almería e, tras a cita santiaguesa, percorrerá as prazas senlleiras de Cartaxena, Pamplona, Satander, A Rioxa, Plasencia, Madrid, Tenerife e Valencia.

PUBLICIDADE

A concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, presentou onte a proba compostelá do Circuíto 3×3 de baloncesto e que organizan conxuntamente as federacións española e galega. Lueiro parabenizou á organización por unha iniciativa que “baixo o concepto de Cancha para todxs impulsa a práctica deportiva sen importar a idade, xénero ou condición física”.

Lueiro destacou tamén as actividades do circuíto dirixidas aos maiores, con adestramentos específicos para fomentar o envellecemento activo; os xogos e actividades para as familias, mocidade e visitantes “que acoden para gozar da festa do baloncesto e do deporte base”.

O Circuíto 3×3 CaixaBank de baloncesto pon tamén en marcha, en todas as cidades polas que pasa, a iniciativa #TRIPLASOLIDARIA, que consiste en que as persoas inscritas e visitantes que se acheguen ao circuíto poderán lanzar triplas, para acadar o número de 1.000 triplas por cidade, que se traducirán nunha axuda económica que a Fundación Bancaria La Caixa entregará a asociciacións ou entidades locais que traballan en favor da inclusión e a igualdade. Nesta ocasión, a axuda será para a Fundación Andrea.

O Circuíto 3x3 de baloncesto chega a Santiago despois da súa estrea en Almería, e logo percorrerá 8 cidades máis ata o mes de outubro
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.