O Concello de Ferrol presentou comisión o informe de morosidade do terceiro trimestre de 2025. Na comisión, a concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo, afondou nos datos.
Neste trimestre, o período medio de pago legal foi de 33,85 días, diminuíndo en 17 días. Das 898 facturas pagadas, que suman 10,5 millóns de euros, neste trimestre o 92,43% foron abonadas en período legal de pago.
Ademais, os datos reflicten que o Concello, por primeira vez en anos, está pagando na metade do tempo permitido. Así pois, estanse a abonar as facturas nunha media de 18 días. “Trátase dos mellores datos que ten o Concello de Ferrol dende hai moitos anos, grazas ao traballo transversal de todas as concelleiras, froito da xestión deste Goberno”, destacou Sanjurjo.
“Unha administración que paga en prazo é unha administración seria e responsable”, afirmou a concelleira de Facenda.




