PUBLICIDADE

Aberto o prazo para participar no curso “Iniciación ao Mundo Dixital” en Toques

PorBisbarra

Mércores, 12 Novembro 2025 , , , ,
O prazo de inscrición xa está aberto, o curso é de balde.

A aula da Natureza de Toques acollerá durante os días 9,11,16 e 18 de decembro un curso que leva por nome “Iniación ao Mundo Dixital” onde os participantes poderán familiarizarse coas ferramentas dixitais en internet. A inscrición é gratuíta e poderá facerse chamando ao teléfono 981 50 58 26.

Os cursos estrutúranse por todo o territorio en función de dous perfís principais: cidadanía de 18 a 59 anos, que reciben formación orientada a fortalecer competencias dixitais para a vida diaria, o traballo e a participación social; e maiores de 60 anos, con contidos adaptados ao seu ritmo de aprendizaxe, con énfase en autonomía dixital, seguridade en liña e uso práctico de ferramentas para a vida cotiá.

YoConecto é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, que forma parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.