PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol pecha a campaña de socorrismo de verán con 525 intervencións

PorBisbarra

Martes, 17 Setembro 2024 ,
O servizo de socorrismo nos areais ferroláns atenderon 525 incidencias en tres meses.O servizo de socorrismo nos areais ferroláns atenderon 525 incidencias en tres meses.

A xunta de goberno local do Concello de Ferrol fixo balance da prestación do servizo de socorrismo durante o verán. “Comezamos o servizo o 15 de xuño, facéndoo coincidir do izado das bandeiras azuis e finalizámolo este domingo 15; tres meses garantindo a seguridade nos areais e atendendo ás incidencias diarias; e cun balance positivo”, explicou o alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela.

Así, o rexedor agradeceu o traballo dos socorristas durante esta temporada de verán, na que se realizaron 525 intervencións. Neste sentido, 257 foron por picaduras, 127 por feridas e cortes, 22 requirimentos de servizos externos e 22 por traumatismos e golpes.

Ademais realizáronse 12 traslados sanitarios, sete asistencias por síncopes e esvaecementos, seis rescates e atendeuse unha queimadura.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.