O Concello de Ferrol puxo en marcha a oficina de Edusi, na que traballan tres técnicas contratadas. O alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela, visitou a nova oficina, situada na segunda planta da casa consistorial. Segundo explicou, con este servizo preténdese “captar fondos europeos que nos axuden a cofinanciar importantes proxectos que melloren a calidade de vida dos ferroláns e a imaxe da cidade”.
Entre os cometidos da oficina de Edusi están a execución e xustificación de proxectos financiados con fondos europeos e a preparación de proxectos para as diferentes convocatorias como FEDER, FSE ou PRTR-NEXT GENERATION. Neste sentido, realizará tamén informes proposta e colaborará co resto de servizos municipais no relativo á preparación, execución e xustificación de proxectos.