O tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, visitou ao alumnado do Programa Integrado de Emprego. Actualmente, uns 20 alumnos e alumnas están a realizar as prácticas en empresas como Gadis, Froiz, Bidafarma, Eroski City Neda, Bricodepot, Sprinter, Carrefour e Carnicería Catabois.
“Un total de 100 persoas participan neste programa que concluirá o próximo mes de decembro e que ten como obxectivo a inserción laboral dos participantes”, afirmou Díaz Mosquera.
Así pois, desenvólvense varios itinerarios formativos. Máis en concreto, de xestión loxística e de almacén, dependente de establecementos comerciais, técnicas de limpeza, auxiliar de reposición e caixa, comercialización e venda de produtos de carnizaría e actividades básicas nas seccións de frescos, panadería, charcutaría e froita.
Ademais, o alumnado recibe unha formación transversal. No mes de setembro comenzaron as prácticas profesionais non laborais dos usuarios, ás que se anotaron un total de 65 persoas, das que na actualidade continúan 61. Neste senso, os motivos das baixas cursadas foron por temas laborais, de conciliación e saúde. “Estamos satisfeitos en canto aos niveis de inserción, xa que a 30 de setembro, o número de persoas con entrada no mercado laboral acadaba xa o 55%”.
No tocante ao futuro inmediato, o Concello de Ferrol xa ten solicitado un novo Programa Integrado de Emprego para o 2025.



