PUBLICIDADE

Ferrol reforza o seu apoio ás entidades educativas, culturais e deportivas da cidade

PorBisbarra

Luns, 18 Maio 2026 , , ,
A Xunta de Goberno local aproba máis de 49.000 euros en concepto de axudas para impulsar o labor das entidades coa veciñanza

A Xunta de Goberno local deu o visto bo hoxe a catro novas subvencións nominativas para as áreas de Educación, Cultura e Deportes por un importe superior aos 49.000 euros, reafirmando así o compromiso do Concello de Ferrol co tecido asociativo e co importante labor que desenvolven as entidades da cidade.

“Estas axudas son unha mostra clara do compromiso do concello coas entidades que cada día realizan un traballo imprescindible na nosa cidade, chegando onde moitas veces a administración non pode chegar soa”, afirmou o alcalde, José Manuel Rey Varela.

Así no ámbito educativo a Fundación Universidade da Coruñarecibirá 11.010 euros para o financiamento da Universidade Senior de Ferrol para impartir ensinanzas universitarias ás persoas maiores de 50 anos. E a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística un total de 8.000 euros para o programa “Ferrol de Froles cuberto 2026”.

PUBLICIDADE

No eido cultural, o Real Coro Toxos contará cunha achega de 20.000 euros para a realización de diferentes actividades culturais, mentres que no eido deportivo o Club Bodyboard Ferrol destinará os 10.000 euros para o IX Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.