PUBLICIDADE

Ferrol remata a demolición dos aseos no parque do Inferniño

PorBisbarra

Venres, 27 Febreiro 2026 , ,
O primeiro parque infantil cuberto de Ferrol ten 360 metros cadrados cunha altura mínima de 4,6 metros.O primeiro parque infantil cuberto de Ferrol ten 360 metros cadrados cunha altura mínima de 4,6 metros.

O Concello de Ferrol rematou os traballos de demolición dos antigos aseos da praza do Inferniño. Esta intervención permite completar o novo parque infantil cuberto, coa creación dunha zona axardinada, mellorando así a integración e a calidade ambiental do espazo.

O novo espazo de lecer infantil conta con novos xogos de escalada e tobogáns, así como cun valado perimetral para garantir a seguridade dos usuarios. Ademais, instalouse unha rede de drenaxe superficial para a recollida das pluviais e dotouse dunha nova instalación de iluminación pública tipo led, que mellora a eficiencia enerxética e a visibilidade do recinto.

Este equipamento convértese no primeiro parque infantil cuberto de Ferrol. Dispón dunha cuberta a catro augas duns 360 metros cadrados con estrutura de aceiro e cuberta con policarbonato para cubrir a área de xogos infantís. Entre outras características, os panos de cuberta teñen a súa parte máis baixa en torno aos 4,6 metros de altura e a máis alta chega aos 5,6 metros.

PUBLICIDADE

A través deste proxecto, o Concello de Ferrol aposta pola recuperación dun espazo público, transformándoo nun punto de encontro útil e accesible durante todo o ano.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.