O Concello de Ferrol está a realizar labores de roza no perímetro exterior do castelo de San Felipe. Esta intervención enmárcase no novo contrato de mantemento de zonas verdes e xardíns.
Segundo o concelleiro de Servizos, José Tomé, actuarase nunha superficie aproximada de 5.000 metros cadrados no exterior da fortificación. O obxectivo é mellorar o estado das súas inmediacións e facilitar os accesos, contribuíndo así á posta en valor deste importante enclave histórico.
Ademais, levaranse a cabo tarefas de mantemento e limpeza no interior do castelo, coa fin de garantir a súa conservación e ofrecer unhas condicións óptimas ás persoas visitantes.




