PUBLICIDADE

Gonzalo Caballero anuncia que non se presentará ás primarias do PSdeG

PorBisbarra

Venres, 17 Xaneiro 2025 , , ,
Gonzalo Caballero atendeu aos medios de comunicación na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela

O socialista Gonzalo Caballero anunciou que “non se dan as condicións” para presentarse ás primarias do PsdeG, por “acumulación de cargos do aparato en torno á candidatura de Besteiro”.  Considera que isto “impide que o partido poida afrontar a renovación que necesita”.

Así o contou aos medios no día de onte na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Acompañado de militantes de todas as provincias Caballero explicou que “o cambio que non é posible liderar nestes momentos, será posible nos vindeiros anos porque o derrumbe electoral non pode ser persistente de forma continua”.

O socialista definiu como “desastre a situación actual do partido” e explicou que “a concentración de altos cadros municipais e provinciais así como de Ferraz en torno á candidatura de Besteiro supoñen un tapón para que poida producirse a renovación que o PSdG precisa para conectar coa cidadanía. Hai moita militancia que pide cambio, pero non se dan as condicións obxetivas para que poida presentarme”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.