PUBLICIDADE

O PP pide aos alcaldes de Arzúa, Melide e Santiso que deixen de “facer demagoxia con Altri”

PorBisbarra

Venres, 17 Xaneiro 2025 , , , ,
Foto xuntanza comarcal do Partido Popular

O Partido Popular da provincia da Coruña reclamou aos rexedores dos concellos de Arzúa, Melide e Santiso que deixen de “facer demagoxia” con Altri e coa mina de Touro.  Nunha reunión na que participou o deputado autonómico voceiro de Industria, Rubén Lorenzo, e os responsables populares nos municipios de Arzúa, Melide e Santiso, Rafael Rivadulla, Dalia García, Víctor Pereiro, o concelleiro de Palas de Rei, José Ramón García, e o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, os populares cargaron contra aqueles que “tratan de intoxicar” á cidadanía con declaracións que, na súa opinión, “están moi lonxe da realidade”.

“A xente ten que estar tranquila. Estamos a falar dun proceso totalmente regulado sobre a instalación dunha empresa que ten que cumprir uns requisitos”, din os populares.

Dende o PP móstranse “moi sorprendidos e preocupados despois de escoitar como os rexedores destes municipios instan á Xunta de Galicia a prevaricar. Pedir a unha administración que non siga os trámites correspondentes é pedirlle que prevarique. Estamos a falar dun asunto moi grave”.

PUBLICIDADE

Os populares aproveitaron tamén para subliñar que “todo ten os seus prazos”, en referencia a que a Xunta de Galicia está á espera de recibir toda a documentación para levar a cabo a declaración de impacto ambiental correspondente. “As cousas levan o seu tempo. Estamos ante un proxecto complexo é necesario recibir toda a documentación, darlle a oportunidade á empresa a que faga as alegacións correspondentes e logo tomarase unha decisión”, afirmaron.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.