O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron esta mañá á toma de posesión do vicealmirante Gonzalo Villar Rodríguez como novo almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol.
O acto, no que tomaron parte numerosas autoridades, estivo presidido polo Almirante Xefe de Apoio Loxístico, o almirante Ignacio Frutos Ruíz, predecesor de Villar Rodríguez no cargo durante os últimos tres anos.
O rexedor ferrolán desexoulle ao novo almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol unha frutífera etapa en Ferrol. Nesta liña, asegurou que “atopará sempre a colaboración do Concello de Ferrol para seguir mantendo os lazos de unión da cidade coa Armada”.
Así, o novo Almirante Xefe do Arsenal chega a Ferrol tras mandar o Grupo de Combate Expedicionario Dédalo durante as súas despregaduras de 2023 e 2024.