O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou no XXV aniversario da apertura da residencia de maiores San Martiño. O centro, rexido pola Fundación San Rosendo, atópase na parroquia de Luíntra, no Concello de Nogueira de Ramuín.
Así pois, o director xeral sumouse á homenaxe adicada ás traballadoras que levan máis de 15 anos traballando no centro. Así mesmo, lembrou o labor de todo o persoal sociosanitario de Galicia, indispensable para o coidado das persoas maiores e dependentes.