PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Impulso social, empresarial e académico á reactivación da produción de cobre na mina de Touro – O Pino

PorBisbarra

Luns, 3 Febreiro 2025 , , , ,
O proxecto de Cobre San Rafael acadou preto de 6.000 alegacións positivas

Cobre San Rafael, promotora da reactivación da produción de cobre na histórica mina de Touro e O Pino, pechou o período de información pública cun respaldo significativo ao seu proxecto. As alegacións positivas foron presentadas en apoio á iniciativa, asinadas por particulares e numerosas entidades, asociacións e corporacións. Segundo estimacións, o número de asinantes está preto aos 6.000, a maioría veciños e veciñas da comarca, evidenciando o apoio social e industrial á reactivación da mina.

Cobre San Rafael quere agradecer o elevado número de apoios que supón un impulso cara á posta en marcha dun proxecto que aspira a converterse nun modelo de referencia para unha minería sostible, innovadora e xeradora de valor para a comunidade.

AMPLO RESPALDO DO SECTOR EMPRESARIAL

PUBLICIDADE

A nivel nacional, entidades como AMINER, que representa a práctica totalidade da minería metálica española, mostraron o seu respaldo. As empresas asociadas a AMINER xeran 12.000 empregos directos e 32.000 indirectos. En 2023, facturaron 4.500 millóns, 2.100 € millóns en exportacións, procesando 21 millóns de toneladas de mineral.

O sector mineiro-industrial manifestou o seu apoio tamén a través de PRIMIGEA, a confederación que representa ao 100% da industria de materias primas minerais non enerxéticas españolas:  3.650 empresas con 4.460 operacións mineiras e fábricas que xeran 340.000 empregos, 26.510 € millóns de negocio e 11.370 € millóns en exportacións. PRIMIGEA está integrada pola Confederación Española de Industrias Extractivas de Rochas e Minerais Industriais – COMINROC e a Confederación Nacional de Empresarios da Minería e da Metalurxia –  CONFEDEM, e os seus membros: AINDEX, AMINER, ANCADE, ATEDY, Clúster da Pedra Natural, Federación de Áridos (cos seus membros, ANEFA, ARIGAL, ARIVAL, Euskal Árido e Gremi d’Àrids de Catalunya), Federación Nacional da Lousa, HISPALYT, IBERSIL, MAGES e OFICEMEN. Algunhas destas organizacións tamén presentaron alegacións propias en apoio do proxecto de Cobre San Rafael.

Xa no ámbito galego, a Cámara Mineira de Galicia, que reúne máis de 25 empresas e organizacións, e ARIGAL, con máis de 73 empresas e 3.600 empregos xerados, presentaron alegacións favorables, incidindo na necesidade de desbloquear proxectos mineiros en Galicia para garantir o subministro de materiais estratéxicos con seguridade e sustentabilidade.

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME) tamén se sumou ao apoio, destacando a relevancia estratéxica do proxecto Cobre San Rafael para o fortalecemento do sector industrial galego, a dinamización da economía rexional e a consolidación dunha minería responsable, aliñada cos estándares máis esixentes de sustentabilidade ambiental e social. ASIME representa a máis de 600 empresas, que contribúen cun 15% do PIB galego e xeran 58.500 empregos.

APOIO DO ÁMBITO ACADÉMICO E CIENTÍFICO

 No eido académico e profesional, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia, cuns 175 colexiados, e COINME, que agrupa a 3.935 enxeñeiros de minas do noroeste de España, reforzan a confianza na viabilidade técnica e ambiental do proxecto. O Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos tamén presentou unha alegación positiva, subliñando a importancia da minería para o avance tecnolóxico e a transición enerxética.

A nivel europeo, a Federación Europea de Xeólogos, que representa  60.000 xeocientíficos de 27 nacionalidades, tamén manifestou interese polo desenvolvemento da iniciativa. Ademais inclúe a carta remitida ó Vicepresidente da Comisión Europea, Maroš Šefčovič, en outubro do 2022, na que identifica á mina de Touro coma unha das dez oportunidades mineiras máis importantes de Europa. Isto pon de relevo a relevancia internacional dos recursos minerais galegos e a oportunidade de situar a Galicia como referente en innovación e responsabilidade ambiental.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.