PUBLICIDADE

Jaime Perez, á cabeza da xestora local do PP do Carballiño

O PP do Carballiño confía en Jaime Pérez para liderar a xestora loca.O PP do Carballiño confía en Jaime Pérez para liderar a xestora loca.

O PP do Carballiño vén de constituír a xestora local, presidida por Jaime Pérez. A posta en marcha deste órgano provisorio foi aprobada o pasado martes polo Comité Executivo provincial. Neste sentido, o presidente do Partido Popular de Ourense, Luís Menor, pediu aos populares do Carballiño un “compromiso intenso” de traballo que permita sentar as bases dun partido que ofreza “un proxecto político ilusionante” á cidadanía.

Menor sinalou que o labor de organización do partido será tamén beneficioso para o grupo municipal. “Os máis de 14.000 habitantes do concello, o segundo municipio con maior poboación da provincia, merecen a nosa máxima atención”, anotou.

Para pilotar esta nova etapa, o PP confía En Jaime Pérez, “un home con ampla experiencia no partido, mesmo no labor municipal”. Así, inciden en que contará cun numeroso equipo “ao que lle pide apoio absoluto para afianzar a nosas siglas”.

PUBLICIDADE

Pola súa banda, Jaime Pérez asume esta nova responsabilidade co obxectivo de “contribuír a que o PP do Carballiño sexa aínda máis forte”. Baixo esta premisa, vai procurar a incorporación de máis cidadáns e consolidar o partido.

Cunha traxectoria profesional vinculada ao mundo da empresa, Jaime Pérez Álvarez pertence á agrupación local dos popular desde hai 15 anos, aínda que con anterioridade xa fora concelleiro no mandato 2003-2007.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.