Por motivos de saúde, Kings Of Leon víronse obrigados a cancelar toda a primeira parte da súa xira prevista para este verán de 2025.
Esta desafortunada decisión afecta tamén á súa esperada actuación no festival O Son Do Camiño, así como ao resto de datas programadas en España.
Dende a organización do festival, agradecen a comprensión do público ante esta situación inesperada e “enviamos os nosos mellores desexos de pronta recuperación a Kings Of Leon”.
Engaden que ”comprácenos anunciar que o seu lugar será ocupado por Kasabian, unha das bandas máis icónicas do rock británico contemporáneo, coñecidos polo seu potente directo e a súa capacidade para facer vibrar ao público. A súa actuación no O Son Do Camiño será o seu único concerto en España e Portugal en todo 2025, o que converterá esta cita nunha ocasión verdadeiramente especial para os seus fans”.