PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Lara Meneses pon en valor os proxectos que impulsan á mocidade

PorBisbarra

Venres, 21 Marzo 2025 , , ,
Autor

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe na apertura do congreso Lo que de verdad importa, onde agradeceu a posta en marcha de proxectos que favorecen o desenvolvemento persoal da mocidade galega. Trátase dun encontro organizado pola Fundación María José Jove, co apoio da Xunta de Galicia, no que interveñen a triatleta paralímpica Eva Moral, o hostaleiro Nino Redruello, e a comunicadora Fabiola Martínez para falar das súas traxectorias vitais e inspirar á xente nova.

No acto, celebrado no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso do Goberno galego coa posta en marcha de ferramentas e iniciativas a disposición da mocidade galega para que as súas ideas e proxectos se poidan materializar, para axudar na súa inserción no mercado laboral ou para fomentar a colaboración entre mozos e entidades

Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia ten actualmente abertas dúas convocatorias no eido do voluntariado. Unha delas, tal e como explicou promove o acompañamento en centros de saúde de Galicia para axudar ás persoas usuarias do sistema galego de saúde realizando funcións de apoio, formación ou actividades lúdicas, mentres que, a outra proposta favorece a participación de mozos e mozas en campos de voluntariado no estranxeiro.

PUBLICIDADE

Para rematar, Lara Meneses agradeceu á Fundación María José Jove o impulso deste tipo de xornadas que permiten aos mozos e mozas galegos coñecer outras realidades e historias que os inspiren e os animen a construír unha sociedade mellor.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.