PUBLICIDADE

Leiro recibirá máis de 700.000 euros do Plan CooperOu

PorBisbarra

Mércores, 5 Febreiro 2025 , ,
O presidente da Deputación de Ourense visitou varias obras en Leiro desenvolvidas ao abeiro do Plan CooperOu.O presidente da Deputación de Ourense visitou varias obras en Leiro desenvolvidas ao abeiro do Plan CooperOu.

O presidente provincial, Luis Menor, visitou o Concello de Leiro para comprobar diferentes obras e actuacións realizadas ao abeiro do Plan de Cooperación da Deputación de Ourense. Fíxoo acompañado de membros da Corporación liderados polo alcalde, Francisco José Fernández. Alí, Menor sinalou que o Concello de Leiro percibirá máis de 700.000 euros durante este mandato provincial a través do Plan CooperOU que, complementados con outras axudas, “terá obras por máis dun millón de euros”.

As obras contempladas no Plan de CooperOU son fundamentalmente de humanización e mellora dos servizos municipais, complementadas co plan global que está a desenvolver o Concello de Leiro, polo cal Menor felicitou ao rexedor. De feito, o presidente provincial visitou a obra de pavimentación e humanización do tramo final da rúa Casanova, na que se investiron 48.000 euros. Así mesmo, comprobaron o resultado da pavimentación do acceso ao tanatorio, que supuo o investimento de 30.000 euros. Ambas intervencións foron realizadas grazas aos fondos do Plan de Cooperación.

A comitiva tamén comprobou o avance das obras de mellora que está a realizar a Deputación na estrada provincial OU-0306. A intervención nesta vía, que conecta Leiro con San Cristovo, supón o investimento de 120.000 euros. A maiores, o presidente provincial explicou que se vai continuar con novas fases para mellorar a súa conectividade. Nesta liña, o rexedor recalcou que o arranxo desta vía está a ser fundamental para mellorar a conexión do municipio de Leiro con Avión, Beariz e O Carballiño.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.